Gaiolas
Hai uns meses subín a casa da veciña.
Mercara un periquiño e nun intre da conversa, entre
emocionada e confusa,
sóltolle esta frase:
-
Roser, este periquiño fala!!
Craso erro a miña énfase.
Xa sei que as máis das veces colócanme nun ponto excéntrico
no espazo,
mas desta Roser mirábame certamente con compaixón:
- Que vai falar muller…
Semanas despois, festa nas escadas:
- É certo. O paxaro fala, pódelo
crer?!!
Descubriuno nunha tarde de visitas e, como hai pouco ficou viúva, está
encantada co camarada.
Antonte subín para despedirme,
volto para Galicia.
Aló estaba el, emparapetado nas
asas, circunspecto.
O fillo de Darwin so se anima
cando hai conversa e, posibelmente contaminado pola proximidade da TV, a mais xolda, mais latrica.
Nin imaxinan. Fala frases
enteiras con suxeito e predicado e complementos dereitos, nun valencià
impecábel:
- Vols que te diga cosetes?
- Sóc xicotet!
A opción, cando menos estoica,
tendo en conta que dos corenta canais, soamente un larga en catalá (...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario