5/1/13

Dibujar, construir, filmar, pensar y repensar, escribir, componer, divagar … (T) De “flor en flor”, sin horizontes ni prejuicios (T) Significado > significante / fondo > forma / sintaxis > morfología (T)

Gaiolas

Hai uns meses subín a casa da veciña.
Mercara un periquiño e nun intre da conversa, entre emocionada e confusa,
sóltolle esta frase:
- Roser, este periquiño fala!!

Craso erro a miña énfase.
Xa sei que as máis das veces colócanme nun ponto excéntrico no espazo,
mas desta Roser mirábame certamente con compaixón:
  - Que vai falar muller…

Semanas despois, festa nas escadas:
  - É certo. O paxaro fala, pódelo crer?!!

Descubriuno nunha tarde de visitas e,  como hai pouco ficou viúva, está encantada co camarada. 


Antonte subín para despedirme, volto para Galicia.
Aló estaba el, emparapetado nas asas, circunspecto.
O fillo de Darwin so se anima cando hai conversa e, posibelmente contaminado  pola proximidade da TV, a mais xolda, mais latrica.
Nin imaxinan. Fala frases enteiras con suxeito e predicado e complementos dereitos, nun valencià impecábel:

  - Vols que te diga cosetes?
  - Sóc xicotet!

A opción, cando menos estoica, tendo en conta que dos corenta canais, soamente un larga en catalá (...)