PERIODISMO POÉTICO
Tenía ganas de hacer otro tipo de artículos en los que, al menos de vez en cuando, se abriera una ventana para liberar asuntos y trasuntos sin demasiada autocensura y con las mínimas trabas formales.
DO ROUBO
DAS PALABRAS
OPCIÓN A)
5.00 h. Achégase treboada e o
gatiño de Anni fica atrapado na póla dun ameneiro. A nena chora desconsolada no
meio da rúa deserta. Unha figura aínda desenfocada en azuis e bermellos vaise
perfilando no ceo até pousarse sobre a árbore. O home apaña con decisión as
pregaduras da capa mentres deposita con tenrura o minino nas mans da pequena e
se alonxa cun amplo sorriso.
12.47 h. do mediodía. Un grupo de cinco homes e tres
mulleres, enfundados en aparatosos traxes de amianto, penetran desafiantes nas
ruinas do que fora un edificio de 80 pisos no corazón da cidade. Aproveitando
os ocos do ascensor, os túneis de ar acondicionado, ou escalando as fachadas,
conseguen sacar con vida a ducias de personas que permanecían atrapadas no
interior.
7.59 h. do serán. Fai 56 días
que, no límite da resistencia, un grupo de mariñeiros comparte barco e comida
con 27 somalís tras realizar unha arriscada manobra no meio do océano.
21.15 h. Un autobus escolar se afunde na noite.
Unha xoven de apenas dazasete anos, que non quixo facer declaracións, atírase
unha vez mais ao río e consegue sacar con vida ao terceiro compañeiro de entre
un amasillo de ferros e cadáveres. Permanece ingresada na UCI con graves cortes
nas extremidades e unha forte hipotermia.
OPCIÓN B)
Supermán, un grupo de 8
bombeiros, 23 mariñeros e 1 menor de idade, reúnense na sede da ONU para
redactar as condicións de recortes e reaxustes necesarios para que unha nena e
o seu gato, varias ducias de cidadáns, 27 somalís e tres adolescentes, sexan
por fin ¡RESCATADOS!!
Susana Rey, xaneiro de 2011
(Publicado en “A Peneira” – Hoy infelizmente desaparecido,
como tantas publicaciones en Galego-
en enero de 2011).